Corpo, ese elemento humano compartido por todos. Ese "obxecto" que nos une e conecta aínda que non queiramos. Común máis alá da relixión, raza, sexo, idade, nacionalidade...
Ó igual que Homero relata por medio da palabra a historia de Ulises no seu periplo, Ramón Conde faino por medio do debuxo na súa persoal Odisea. Ambas comparten título e ó mesmo tempo narran a historia repetitiva e previsible do home...
Qué doce é a vida dentro do ventre materno e neses primeiros intres nos que saímos ó mundo e nos relacionamos con el. Todo canto nos rodea esperta o noso máis profundo interese, calquera ínfima cousa que entre en contacto con nosoutros, é capaz de arrancarnos o máis sincero dos sorrisos...
Unha nube de po tenue conxugada co castaño ennegrecido que o aire que zoa levanta ó seu paso, deixa ver entre a brancura infinita, dúas siluetas disfrazadas de radiantes cores. Erguidas, con miradas implacables e directas ó castaño presente nos seus comúns ollos, mostran o que realmente son, e non o que velan esas teas vistosas e femininas que portan...
Identidade como construción de individuos, a subxectividade, a modificación de aspectos físicos xerados por outros psicolóxicos, o corpo e o rostro como máscaras e roles identificadores, os velos existentes entre o privado e o público, a realidade feminina en diálogo coa masculina, os contextos sociais e culturais...